Agochando a pobreza infantil

comedor
11 de xuño. O PP rexeitou que a Xunta abra os comedores escolares durante os meses de verán para atender, con cargo aos seus fondos, aos nenos con menos recursos e así paliar a pobreza infantil, alegando que esa medida favorecería a súa estigmatización social.

Seguir lendo

Patrimonio de Louzán e de AGE

Louzan
O mesmo día que se coñece a declaración de bens de Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, algúns medios destacan que o único alto cargo do PP que aínda queda por publicalos é o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
AGE
 Os Telexornais non emiten nada sobre ese particular, pero o TX serán da un video no que se fala das declaracións patrimoniais feitas por deputados de AGE, que RESALTA sobre todo que aínda non o fixo Xosé Manuel Beiras. Toda a noticia dase cun printer (rótulo – comentario) no que se di que os de AGE “están hipotecados”, en vez de dicir, por exemplo, que “teñen hipotecas” ou “préstamos hipotecarios”… e péchase a información dicindo (dato irrelevante para o asunto que se trata) que un dos deputados desa formación declara como estado civil, que está “arrimado”…