Burlas e críticas internas no PPdeG que non son noticia

mofa ppdeG

Os malos resultados electorais empezan a facer estragos no PPdeG. O coordenador de Organización do partido e deputado autonómico Alejandro Gómez, e o exdirector xeral de Administración local  Norberto Uzal mantiveron unha conversa aberta na rede social Facebook na que criticaron e mesmo se burlaron da estratexia electoral do secretario xeral del PPdeG, Alfonso Rueda. 

Durante a tarde do 28 de maio,  a conversa, agora xa borrada, foi noticia en varios medios.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/28/galicia/1401296263_097140.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/05/28/coordinador-organizacion-ppdg-critica-estrategia/1032192.html

http://praza.com/falase/21400/

No Telexornal Serán non informaron deste evidente descontento interno no PPdeG pola perda de 15 puntos nos resultados electorais.

Sen embargo, comentarios políticos nas redes sociais foron noticia outras veces:

http://www.crtvg.es/informativos/dimite-unha-concelleira-socialista-en-vilagarcia-por-un-comentario-sobre-o-crime-814161

http://www.crtvg.es/informativos/dimite-a-concelleira-do-psdeg-de-meis-polo-seu-comentario-tras-o-asasinato-814644

http://www.crtvg.es/informativos/polemica-por-un-comentario-dun-socialista-sobre-cristina-cifuentes-646551

Coma noutras moitas ocasións, diferente raseiro para medir as actuacións dos políticos, segundo as siglas ás que pertenzan.

 

O caso da voceira muda do PP

Desayuno informativo con Rueda, Hernández, Prado y los candidatos
                           Martes, 6 de maio: O PP de Galicia presenta diante da prensa a campaña para as vindeiras eleccións europeas. Comparecen o secretario xeral Alfonso Rueda; a voceira e directora da campaña, Paula Prado; o vicesecretario xeral e conselleiro Agustín Hernández, e os candidatos galegos da lista do partido, Francisco Millán Mon e Carmen Pardo.
                           Diante da sorpresa xeral, quen levou todo o peso do acto foi Rueda, mentres Prado se mantiña nun absoluto silencio, a pesar da súa condición de voceira do PP en Galicia. O único que dixo, a preguntas dos xornalistas, foi que “xa falou o secretario xeral” (sic).
                           Prado leva máis dun mes practicamente “desaparecida” para a opinión pública, desde que se coñeceron as posibles implicacións – aínda que non están imputados – dela e do seu home no caso Pokémon.

Seguir lendo

Puy e a visión do PP sobre a alianza do BNG con Bildu

puy

17 de marzo. Pedro Puy, voceiro parlamentario do PP, dixo que non cre que o BNG “lexitime” o terrorismo coa súa alianza con Bildu para as eleccións europeas nin ten “ningún motivo” para pensar que “apoie prácticas violentas”.

Seguir lendo