Segue a ocultación de noticias incómodas para o PP no concello da Coruña

Carlos Negreira y Julio Flores

 

Luns, 10 de marzo. Desenvólvese un tenso pleno no concello da Coruña, coa oposición (Esquerda Unida, BNG e PSOE) “acurralando” ao alcalde, Carlos Negreira (PP), e a varios concelleiros tamén do PP, polas supostas corruptelas cometidas dentro da operación Pokémon.

Entre outras cousas, o alcalde non contestou ningunha das preguntas que lle realizaron; o grupo do PP non votou a favor de ningunha proposta da oposición (incluídas varias contra a reforma da lei do aborto), e o tenente de alcalde, Julio Flores (PP), imputado na Pokémon, mesmo saíu da sala cando o concelleiro de Esquerda Unida emitíu polo seu micrófono as gravacións das conversas entre o propio Flores e responsables de Vendex.

Seguir lendo

O alcalde de Barbadás paga 652 MIL euros en efectivo

descarga

28 de outubro. José Manuel Freire Couto, alcalde do PP en Barbadás, declara ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número tres de Ourense, que leva a investigación dunha denuncia presentada polo PSOE local, que acusa ao rexedor de varios casos de corrupción urbanística.

Seguir lendo

A trama do PP no concello de Santiago

 

                O venres 18 de outubro coñécese que o alcalde de Santiago, Angel Currás (PP), coñecía un plan deseñado por varios dos seus concelleiros, tamén do PP, para abrirlle un expediente sancionador ao que en 2012 era subxefe da policia local, José Antonio Carril.

Seguir lendo

O sector crítico do PSdeG vigués triplica o tempo do caso Bárcenas

O sector crítico do PSdeG-PSOE en Vigo volve acaparar segundos e segundos do Telexornal. A Gonzalo Caballero non lle costa nada saír nos informativos da tele. Se fose alcalde, sería outro cantar.

Resaltando ao “socialista” de Castro mentres segue “desaparecido” o do PP de Baralla

                  

             Os telexornais do martes 13 de agosto DESTACAN a información sobre a petición de catro anos e dez meses de cárcere para o ex-alcalde socialista de Castro de Rei (Lugo), Juan José Díaz Valiño, por varios delictos, entre eles os de prevaricación e tráfico de influencias.

Seguir lendo