A grave crise do PP en Santiago, en 9 segundos !!!

 

                 O sábado 7 de xuño, continúan xerándose informacións sobre a grave crise que vive o goberno local do PP no concello santiagués, e sobre todo constátanse as tremendas diverxencias entre o alcalde, Ángel Currás, e os dirixentes do seu partido, nomeadamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

                  A opinión xeral é un clamor contra Currás, e tanto desde o PP coma desde outros partidos políticos considérase que o mellor que podería facer é dimitir, algo ao que se nega rotundamente.

Seguir lendo

Soterrando o asunto do goberno do PP en Santiago

El alcalde de Santiago, Ángel Currás
              Venres 9 de maio. O alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), reafirma diante dos medios de comunicación que mantén a súa confianza en que os sete concelleiros do seu goberno acusados de prevaricación, que serán xulgados este mesmo mes, sexan absoltos.

                   Currás – a pesar de todo – reivindica a xestión municipal, e carga duramente contra a oposición co argumento de que, se se dese a situación á inversa, tamén él faría “críticas” pero “non” da mesma forma.

Seguir lendo

As críticas ao comité aeroportuario non existen

 

 

aerouerots

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, amosábase “escandalizado” e definía como “paripé” a reunión do comité de coordinación dos aeroportos galegos celebrada o xoves, 6 de marzo. As duras declaracións do alcalde vigués foron publicadas en moitos medios de comunicación:

Seguir lendo