Silenciand​o a denuncia da Fiscalía contra o alcalde de Gondomar

Xoves, 13 de febreiro. Coñécese que a Fiscalía denuncia ao alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, do Partido Popular, por un presunto delito de prevaricación administrativa.
O Ministerio público considera que Guitián adxudicou o servizo de conservación de zonas verdes do concello, sen o obrigado concurso público previo, á empresa Jarma S. L., que pertence a un fillo dun vocal da xestora do PP local.
Advertisements