3 de xuño. A Garda Civil e a Policía Local sacan a primeira hora da mañá fora do concello do Rosal aos preferentistas que levaban encerrados alí uns seis meses. Os axentes quedaron custodiando o edificio. Seguir lendo
Arquivo por etiquetas: afectados
Evitando dicir que o Alcalde de Moaña é do PP
No Telexornal serán do 27 de marzo dase unha breve información sobre a solidariedade mostrada polo goberno local (do PP) aos afectados polas Preferentes, e mesmo se poñen as imaxes de cando o Alcalde, José Fervenza, recolle unha camiseta de apoio e pona por enriba da súa roupa no mesmo salón… pero non se di en ningún momento que o rexedor é do Partido Popular (que é contrario ás mobilizacións e protestas dos afectados).
Ao mesmo tempo, en Ferrol unhas cen persoas tamén afectadas polas Preferentes interrompen e alborotan o Pleno do concello, criticando con dureza ao PP (partido que goberna) pola súa actitude. Os Informativos da TVG non dan absolutamente nada sobre o ocorrido.
Debe estar conectado para enviar un comentario.