7 de xuño. A Fiscalía Anticorrupción ACUSOU AO PARTIDO POPULAR de ser partícipe a título lucrativo na peza da trama Gürtel no concello de Boadilla del Monte (Madrid).
7 de xuño. A Fiscalía Anticorrupción ACUSOU AO PARTIDO POPULAR de ser partícipe a título lucrativo na peza da trama Gürtel no concello de Boadilla del Monte (Madrid).
23 de maio. Coñecese que Mariano Rajoy comprometeuse por carta ante a Comisión Europea a facer novos recurtes para cumprir co obxectivo de déficit se goberna.
23 de maio. O PP ten que pagar 1,2 millóns en 10 días ou será embargado pola súa caixa B. O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata comunicoulle ao Partido Popular que ten que facer este pago como fianza por ser presunto responsable civil subsidiario polo diñeiro negro que presuntamente manexaba o partido.
19 de maio. O informativo do mediodía segue esta orde despois dos titulares:
1- Exipto: avión desaparecido
2- Venezuela: Maduro recibe a Zapatero e Torrijos
3- Venezuela: Cabello pide que Rivera non entre no país
4- Venezuela: Margallo di que España non conspira contra Maduro
5- Venezuela: Pepe Mújica di que Maduro está como unha cabra
6- Venezuela: os galegos emigrados quéixanse da falla de comida
18 de maio. A Fiscalía aprecia indicios da comisión dun delito de negociacións prohibidas a funcionarios por parte do xuíz Salvador Alba na conversa que mantivo co empresario Miguel Ángel Ramírez. Unha conversa que versou sobre as súas relacións comerciais do empresario coa parella da maxistrada Vitoria Rosell, ex deputada de Podemos.
Seguir lendo
17 de maio. Os farmacéuticos van a folga. Piden máis medios. Aseguran que cos traballadores actuais é imposible cumprir a periodicidade de ningún dos programas sanitarios.
Seguir lendo
16 de maio. O ex presidente da Generalitat valenciana, o popular Francisco Camps, e o ex conseller do PP, Juan Cotino, compareceron nunha comisión de investigación das Corts valencianas para explicar a xestión do accidente do metro de 2006 no que faleceron 43 persoas e 47 quedaron feridas.
16 de maio. A proxección das imaxes dos ditadores Francisco Franco e Adolf Hitler, ademais da deHeinrich Himmler, xefe das SS do partido nazi, sobre a fachada do castelo de Guadamur (Toledo), concello gobernado polo Partido Popular, xerou unha gran polémica.
Seguir lendo
9 de maio. A Cadena SER accede a decenas de contratos amañados de José Adolfo Vedri, un dos 13 empresarios sospeitosos de financiar de forma ilegal ao PP de Valencia.
5 de maio. Gerardo Camps o ex vicepresidente da Generalitat valenciana e do Partido Popular gastou 553.000 euros en comidas de luxo entre 2007 e 2011.
Debe estar conectado para enviar un comentario.