Nin rastro do drama dos desafiuzamentos

              O venres 13 coñécese o informe do Consello xeral do Poder xudicial (CXPX) sobre os efectos da crise económica, que destaca o aumento dos desafiuzamentos en España durante 2014. A cifra total foi de 68.091, un 1’3 % máis dos rexistrados en 2013.

               O maior avance producíuse nos desafiuzamentos por impago de hipotecas, que medraron case o 12 % con respecto ao ano anterior.

               Galicia foi unha das comunidades con peor comportamento, ao aumentar os desafiuzamentos un 4’78 %, ata un total de 2.519 en 2014.

                A noticia ten unha ampla repercusión na meirande parte dos medios de comunicación. Velahí algúns exemplos:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/03/14/galicia-practican-210-desahucios-mes/0003_201503G14P36993.htm

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2015/03/13/desahucios-inmuebles-suben-4-2014/936696.html

http://cadenaser.com/ser/2015/03/13/economia/1426246339_323194.html

http://www.elidealgallego.com/articulo/economia/desahucios-aumentaron-galicia-casi-5-ano-pasado/20150313233223233268.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sube-numero-desahucios-inmuebles-galicia-cada-tres-ejecucion-hipotecaria/idEdicion-2015-03-13/idNoticia-920986/

http://www.abc.es/economia/20150313/abci-desahucios-cgpj-datos-201503131109.html

http://www.radiointereconomia.com/2015/03/13/la-pah-culpa-a-pp-y-psoe-de-los-500-000-desahucios-que-ha-habido-desde-2008/

http://www.20minutos.es/noticia/2403735/0/desahucios-crecen-2014/1-3-frente-2013/informe-cgpj/

                Dicimos o da meirande parte dos medios de comunicación, porque desgrazadamente a TVG ignora isa información, facendo o conseguinte ridículo. Seguramente porque a consigna dos Telexornais é dar sempre noticias en positivo… “optimizar” todo para favorecer ao PP e a súa xestión. E claro, este dato tan negativo dos desafiuzamentos – sobre todo en Galicia – é moi malo e hai que ocultalo. Xa saben como as gastan @s responsables de informativos da TVG…

                Como dubidar da catadura moral desta xente, que nin sequera o pasado mércores fixo alusión á traxedia que supoñen os suicidios en Galicia por mor da crise económica, segundo indica un estudo de profesionais da psicoloxía e doutros ámbitos na nosa comunidade:

                E hai algo máis dunha semana, a TVG tampouco deu absolutamente nada do veto do PP no Parlamento a unha solicitude do BNG, apoiada por PS de G-PSOE e AGE, para que se paralicen os desafiuzamentos en Galicia:
                  Outra vergoña máis. Manipular – neste caso ocultando – a dramática situación de milleiros de familias que deben abandonar o seu fogar, é unha infamia que reflicte ata que punto @s responsables da TVG están dispost@s a todo con tal de colaborar co goberno do PP. O de menos para el@s é informar. O máis importante é manter os seus privilexios e prebendas, aínda que perdan a dignidade. Claro que, quen non a ten, non a pode perder…

O barco, Picasso e o premio a Pontevedra

             O sábado 28 de febreiro, o espazo “contraportada”, que se emite despois do Telexornal mediodía, ofrece dúas reportaxes que reflicten clarisimamente o distinto e perverso tratamento que se lle da na TVG ás cidades onde goberna o PP e ás que non; neste caso ocupáronse de Vigo e A Coruña.

                                                                      

Seguir lendo

Amplo espazo para o triángulo ETA-Venezuela-Podemos

podemos
Luns, 16 de febreiro. O Telexornal Mediodía, o de maior audiencia da TVG, dedica un amplo espacio a noticias sobre a ETA, Podemos e a súa suposta relación con Venezuela.

Seguir lendo

Os artigos máis vistos de Eunonmanipulo en 2014

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018.jpg

Acaba un ano sen que, desgraciadamente, se vislumbre a fin deste blog (e moito menos coas eleccións municipais e xerais á vista). Tememos que 2015 será un ano de moito traballo para Eunonmanipulo, pero non por iso imos deixar de desexarvos que sexa o máis venturoso para todos.

Ogallá que pronto pechemos este blog (que vai camiño das 168.000 visitas en menos de dous anos de existencia) e que as súas funcións sexan substituidas por un consello de informativos que vixíe e fiscalice o funcionamento dos informativos da TVG e vele pola súa pluraliade, imparcialidade e rigor. Meréceno os profesionais da TVG e, sobre todo, a cidadanía. Seguir lendo

Posibles delitos no PP en Ourense: vergoña e máis vergoña

             O 15 de decembro coñécese que a xuiza Pilar de Lara, seguindo a trama sobre presunto financiamento ilegal do PP en Ourense, investiga 24 cargos ou ex-cargos do partido nesa provincia, polos supostos delitos de suborno, apropiación indebida, falsidade documental e tráfico de influencias.

              De Lara analiza a posibilidade de que varias empresas, sobre todo Telemiño e Pla & Nos, emitisen facturas falsas en favor de dirixentes provinciais do PP na Xunta, no goberno central e na Deputación. Seguir lendo