23 de xuño. Non é o habitual, pero desta volta a noticia está na redacción da CRTVG. As compañeiras e compañeiros apoiados polo Comité Intercentros protestaron contra a manipulación que se fixo na cobertura das grabacións no Ministerio do Interior.
Imos facer nosas a súa palabras que tamén son as deles e que recolleron os medios de comunicación.
http://www.eldiario.es/galicia/Personal-TVG-manipulacion-Fernandez-Diaz_0_529847403.html
O PERSOAL DA CRTVG DENUNCIA A BRUTAL MANIPULACIÓN NA EMISIÓN DAS
ESCOITAS DE FERNÁNDEZ DÍAZ
MINISTRO CONSPIRANDO, TVG MANIPULANDO
As traballadoras e os traballadores da Televisión de Galicia protestaron esta mañá polo tratamento informativo que se lle deu na canle pública á información do escándalo que envolve ao ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz. O Comité Intercentros da CRTVG manifestouse na redacción e no despacho da directora de informativos, da que pediron a dimisión, para protestar contra o que considera unha manipulación brutal e intolerable, inadmisible nun medio público que se debe ao dereito á información que ten a cidadanía galega.
O Comité denuncia unha vez máis o exercicio de ocultación de datos e servilismo de cara ao Goberno. Un tratamento onde só se atende a versión oficial, ou, no caso de incluir outras, no balance final que se fai sempre sae beneficiado o partido do poder, neste caso o Partido Popular. Presentan a un Fernández Díaz e un PP vítima dunha contra-campaña de cara as eleccións do domingo.
Esta denuncia xa se recolleu no blog eunonmanipulo, un espazo onde o persoal da TVG denuncia día a día desde hai anos as prácticas de manipulación informativa e no que defende a creación dun consello de informativos.
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2016/06/22/brutal-censura-no-escandalo-de-fernandez-diaz/