22 de xuño. O ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz, reuniuse co xefe da Oficina Antifrau de Catalunya, Daniel de Alfonso, para tratar de implicar nalgún escándalo a dirixentes
de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) ou de Convergència Democrática de Catalunya (CDC) en datas próximas á consulta soberanista do 9 de novembro, segundo as gravacións da conversación que divulgou o xornal Público e das que se fan eco todos os medios do país.
http://www.elmundo.es/espana/2016/06/22/576a59f446163fbe758b4580.html
http://www.lavanguardia.com/politica/20160622/402681108233/frases-filtracion-fernandez-diaz.html
http://www.publico.es/politica/fernandez-diaz-presidente-del-gobierno.html
Fernández Díaz, lonxe de dimitir, anuncia unha investigación para ver de onde sae a filtración, dicindo que el é a vítima e todos os partidos piden que renuncie ao cargo e á candidatura.
http://www.elmundo.es/cataluna/2016/06/22/576a441f468aebf5268b45c5.html
http://cadenaser.com/ser/2016/06/22/politica/1466585890_171603.html#?ssm=14092012-Ser-rs-1-Fb
Rajoy dí que é unha manobra electoral e que non sabe nada, mentres que nas escoitas o ministro asegura que está enterado…..
http://politica.elpais.com/politica/2016/06/22/actualidad/1466579903_038774.html
http://www.publico.es/politica/fernandez-diaz-presidente-del-gobierno.html
CENSURA NA EMISIÓN
Na TVG, pois na liña de sempre. DENDE A DIRECCIÓN NON DEIXARON POÑER AS GRABACIÓNS DE AUDIO. Decidiron dar primeiro a versión do Goberno, antes de que se ofreza a información. Non se incluíu ningunha declaración que non fose do Partido Popular, NADA DE OPOSICIÓN e, iso si, ben pegadiño a este escandaloso comportamento do PP unha noticia que relaciona a financiamento de Podemos co Goberno de Venezuela.
CENSURA TOTAL NA WEB
Poderíamos ver como despacharon o tema do mesmo xeito que facemos sempre deixando os enlaces para que os vexas ti, de non ser porque “casualmente” os informativos do día 22 non están colgados na web da CRTVG. Pero non afecta a todos os informativos, só aos que teñen contido político: os telexornais. Os programas como o Galicia Noticias si que están publicados…….
http://www.crtvg.es/informativos/fd:22-06-2016/fh:22-06-2016/q:/c:/p:33683/o:ASC
http://www.crtvg.es/informativos/fd:22-06-2016/fh:22-06-2016/q:/c:/p:34232/o:ASC
Non só a CRTVG é obxecto de censura.Lamentablemente na televisión pública do Estado tamén se limitaba a informacion ofrecida o que propiciou as protestas dos traballadores. O Consello de Informativos pediu a dimisión inmediata de toda a dirección pola censura.
http://cultura.elpais.com/cultura/2016/06/22/television/1466610151_535438.html
http://www.eldiario.es/sociedad/TVE-escuchas-Interior-conspira-independentista_0_529497699.html
http://www.elmundo.es/television/2016/06/22/576abf08e5fdeafe4d8b462a.html