7 de xuño. A Fiscalía Anticorrupción ACUSOU AO PARTIDO POPULAR de ser partícipe a título lucrativo na peza da trama Gürtel no concello de Boadilla del Monte (Madrid).
No seu escrito de acusación, asegura que o PARTIDO POPULAR deberá responder no xuízo por un total de 204.198 euros. Unha contía que obedece ao presunto lucro obtido polas actividades delituosas nesa cidade de altos cargos do PP, como o exalcalde Arturo González Panero, o ‘Albondiguilla’, o ex concelleiro José Galeote ou o ex deputado rexional Alfonso Bosch.
http://www.eldiario.es/politica/Fiscalia-PP-beneficiarse-Gurtel-Boadilla_0_524248070.html
http://www.elmundo.es/madrid/2016/06/07/5756bb41268e3e0e078b468e.html
Unha información que ben podería ir nos titulares do día pero non…. este foi o espazo que lle dedicaron nos principais informativos.
Uns 30 segundos no mediodía e sobre 40 no serán, como se fora unha minúscula trama corrupta…..
Mentras, os titulares do día e os primeiros minutos dos informativos son para Feijóo e o seu plan de axuda con medicamentos a cidadáns con poucos recursos:
Mariano Rajoy e a presentación de candidatos do PP:
E si destacan nos titulares, por exemplo, o xuízo da alcaldesa de Viveiro (socialista que deixou o PSdeG cando a imputaron) por presuntas irregularidades na concesión de licenzas urbanísticas.