Desquilibrio interesado

majun
23 de maio. Coñecese que Mariano Rajoy comprometeuse por carta ante a Comisión Europea a facer novos recurtes para cumprir co obxectivo de déficit se goberna.

Nunha carta dirixida ao presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, coñecida este luns, Rajoy afirma que, “na segunda metade do ano” e “unha vez que haxa un novo goberno”, España está disposta “a adoptar novas medidas, se se requiren, para cumprir con ese obxectivo” de déficit. Unha información que saca El País e que rápido está en todos os medios.

http://politica.elpais.com/politica/2016/05/22/actualidad/1463934635_808483.html

http://www.eldiario.es/economia/Rajoy-promete-recortes-Bruselas-gobernar_0_518998139.html

http://www.20minutos.es/noticia/2754139/0/carta-rajoy-bruselas-primetido-juncker-nuevos-ajustes-segunda-mitad-ano-despues-elecciones/

E que é o que se fai nos telexornais… Pois no mediodía non vai nos titulares, pero é a primeira noticia do día. Nela explican a versión do Goberno que desminte que estea planeando facer máis recurtes apoiado por unha declaración do ministro de Asuntos Exteriores en funcións. De seguido unha declaración do socialista Pedro Sánchez dicindo que Rajoy minte, ao que lle segue a a vicesecretaria de Estudos e Programas do PP, Andrea Levy, atacando a Pedro Sánchez.

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-en-funcions-di-que-non-seran-necesarios-novos-axustes-para-cumprir-o-deficit-se-a-economia-segue-crecendo-2083227

http://www.crtvg.es/informativos/sanchez-pide-que-os-espanois-saiban-a-verdade-e-di-que-non-podera-baixar-os-impostos-2083226

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-acusa-a-sanchez-de-irresponsable-e-di-que-o-goberno-debe-cumprir-2083225

Na segunda edición xa aparece nos titulares, pero repítese o esquema aínda que dando unha voz máis ao Goberno. Unha versión que esta apoiada nos titulares con declaracións de García Margallo, Ministro de Asuntos Exteriores en funcións.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00-h-2083955

E malia que é o segundo titular da tarde, a información non se ofrece ata 20 minutos máis adiante. Unha información na que se fai referencia a versión do Goberno, apoiado con declaracións do ministro de Facenda, Cristobal Montoro, a crítica de Pedro Sánchez pedíndolle a Rajoy que non minta e a vicesecretaria de Estudos e Programas do PP, Andrea Levy, atacando a Pedro Sánchez.

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-nega-que-prepare-novos-recortes-para-a-segunda-metade-do-ano-2083931

Polo que temos catro declaracións do Goberno defendendo a Mariano Rajoy, por unha dun partido da oposición.

En resumo, SO DOUS PARTIDOS VALORAN O TEMA : 5 VECES FALA O PARTIDO POPULAR E DÚAS FALA O PSOE.Onde están o resto de forzas políticas???? Se iso é equilibrio, representación e pluralidade …. así nos vai…..

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s