Multa negra

pp negro

23 de maio. O PP ten que pagar 1,2 millóns en 10 días ou será embargado pola súa caixa B. O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata comunicoulle ao Partido Popular que ten que facer este pago como fianza por ser presunto responsable civil subsidiario polo diñeiro negro que presuntamente manexaba o partido.

Era o diñeiro que tiñan que abonar os ex tesoureiros Luís Bárcenas e Álvaro de Lapuerta, o ex xerente do PP Cristóbal Páez e a empresa Unifica, encargada das obras da sede central do PP na rúa Xénova polas que os populares pagaron 1,7 millóns en negro, segundo a Axencia Tributaria.

http://www.lavanguardia.com/politica/20160523/401988357189/pp-embargado-caja-b.html

http://politica.elpais.com/politica/2016/05/23/actualidad/1464001461_731326.html

http://www.rtve.es/noticias/20160523/juez-da-10-dias-pp-para-pagar-fianza-civil-12-millones-euros-presunta-caja/1352151.shtml

Cal é o tratamento que se fai deste tema? Alégrome de que me faga esa pregunta….

Pois no telexornal mediodía, para comezar non se inclúe nos titulares. E despois de preto de media hora de informativo dedícaselle un espazo de 30 segundos, SÓ COA VALORACIÓN DO PARTIDO POPULAR, lonxe da información política, evidentemente para que non se relacionen.

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-pagara-a-fianza-pola-presunta-caixa-b-pero-matiza-que-non-e-unha-condena-nin-unha-multa-2083177

Iso si, cando hai casos de corrupción da oposición van inmediatamente seguidos da información do día sobre ese partido. Deste xeito pretenden desvencellar a imaxe do partido das contas que teñen que render diante da xustiza.

E pola tarde?

Si vai nos titulares, evidentemente coa versión do Partido Popular e así seguen…..

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-tera-que-aboar-unha-fianza-de-1-2-millons-polo-caso-barcenas-sobre-a-suposta-caixa-b-2083943

Coa mesma versión non hai opinións de ningún outro partido… Será que ese día ninguén falou diso….. ou que non lles preguntamos……

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s