16 de maio. O ex presidente da Generalitat valenciana, o popular Francisco Camps, e o ex conseller do PP, Juan Cotino, compareceron nunha comisión de investigación das Corts valencianas para explicar a xestión do accidente do metro de 2006 no que faleceron 43 persoas e 47 quedaron feridas.
Esta é a información que deu a galega:
Uns poucos segundos na edición do serán e a información máis ampla dase no informativo Bos Días (o de menos audiencia da grella), na que, como ven sendo habitual, só se incluen as versións que dan os acusados, pero non se lles da voz as vítimas, simplemente se lles inclue unhas liñas ao finaldo video. Un tratamento novamente lamentable, onde se xustifica que se da unha información reducíndoa ao mínimo. Terá algo que ver que os declarantes sexan do Partido Popular….???