16 de maio. A proxección das imaxes dos ditadores Francisco Franco e Adolf Hitler, ademais da deHeinrich Himmler, xefe das SS do partido nazi, sobre a fachada do castelo de Guadamur (Toledo), concello gobernado polo Partido Popular, xerou unha gran polémica.
Aconteceu nas IX Xornadas Visigodas nas que se realizou un espectáculo de luz que incluíu ás figuras do ditador español, de Adolf Hitler e tamén doexcomandante nazi Heinrich Himmler.
https://www.youtube.com/watch?v=uKAYMzqbnTg
A Deputación de Toledo suspendeu temporalmente o convenio con este Concello. Tanto Esquerda Unida como Mocidades Socialistas condenaron esta acción. O Concello desculpouse pola inclusión “non acertada” das imaxes e o PP achaca a responsabilidade á empresa organizadora e os historiadores.
A información saltou a todos os medios nacionais:
http://www.eldiario.es/clm/declaro-Rajoy-proyecta-castillo-Franco_0_516548448.html
http://elpais.com/elpais/2016/05/16/actualidad/1463402114_967601.html
http://www.elmundo.es/espana/2016/05/16/5739bcd2468aeb372f8b463a.html
Na Galega non se deu esta información.
É curioso. O cribo que se emprega desta volta debe ter os buratos ben grandes para deixalo pasar. Diferente foi o que se empregou en febreiro cando se lle deu unha ampla cobertura a uns mozos que facían unha representación de monicreques en Madrid na que incluían unha pancarta na que poñían “Gora Alka Eta” e aos que acusaron de enaltecemento do terrorismo.
http://www.crtvg.es/informativos/prision-para-os-dous-detidos-por-ensalzar-a-eta-con-monicreques
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/de-actualidade/monicreques-polemicos
http://www.crtvg.es/informativos/quedan-en-liberdade-os-monicrequeiros-de-madrid
É curioso que o concello de Toledo sexa do PP e o de Madrid esté gobernado por unha das confluencias cidadás, Ahora Madrid.