Operación Taula… operación que?!

images

14 de marzo. O xulgado de instrución número 18 de Valencia imputa ao Partido Popular por branqueo de capitais e pidelle a protexida do PP como senadora, Rita Barberá, que declare voluntariamente.

Esta información que está nas portadas da maioría de medios do país para os directores e editores dos informativos non merece máis que uns poucos segundos. No caso do informativo do mediodía buscáronlle un acubillo despois das 20 primeiras noticias do día e no do serán foi a número 12.
Uns poucos segundos que están moi lonxe dos que se lle otorgan a imputación do secretario dos socialistas galegos, Gómez Besteiro durante tres días seguidos, evitando destacar na información que o xuíz valenciano investiga ao PP, ao partido, por financiamento irregular.Un tempo que tampouco se ten reparo en gastar para falar doutras formacións polítcas, como Podemos, a que o mesmo día fan referencia por unha investigación por financiamento irregular da que sustancialmente non hai novidades e da que xa se informou reiteradamente o 14,15 de xaneiro e 5 de febreiro. Parece que as noticias “malas” do PP son menos noticia….  e algúns dos responsables dos informativos poñen cara de sorpresa (operación que ?!) cando se fala de corrupción do Partido Popular.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s