Perigo: achégase o 24-M e a tele entra en campaña!

Xoves, 9 de abril: o candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago, Martiño Noriega, participa nos almorzos do Fórum Europa. Tribuna de Galicia.

A celebración destas conferencias-debates atrae a presenza dos medios de comunicación porque son moitas as informacións e moitos os titulares que adoitan trascender deste tipo de acontecementos. Así foi no caso de Noriega.

http://www.laregion.es/articulo/galicia/martino-noriega-avisa-compostela-aberta-no-pedira-permiso-victoria/20150409172731536275.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/04/09/martino-noriega-span-langglnon-agardamos-estar-na-oposicion-non-vimos-pelear-polos-restosspan/00031428574996903738331.htm

http://www.nuevaeconomiaforum.org/noticias/compostela-aberta-anima-cambiar-el-regimen-del-78-en-un-ano-electoral-historico

http://www.abc.es/local-galicia/20150409/abci-martino-noriega-candidato-sonrisas-201504091220.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/04/09/galicia/1428580616_600141.html

A Televisión de Galicia non ofreceu nin tan sequera un anaco da intervención de Noriega. Nada! En cambio, o pasado 16 de marzo, cando nese mesmo foro interveu o candidato do Partido Popular á alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, a televisión de todos os galegos decidiu darlle un video con dous fragmentos da intervención do alcaldable conservador.

http://www.crtvg.es/informativos/hernandez-quere-que-santiago-lidere-a-grande-area-central-de-galicia-1046463

A medida que se vai achegando a data das eleccións locais, a TVG aumenta o seu sesgo partidista cara o Partido Popular. Nas cidades nas que goberna o PP, a oposición está totalmente ninguneada na televisión pública. En cambio, en cidades como Vigo, o PP, malia estar na oposición, ten máis “facilidade” para colocar as súas novas na TVG.

Por certo, o luns 13 de abril será o candidato á alcaldía de Santiago polo PSdeG-PSOE, Francisco Reyes, quen acuda ao Fórum Europa. Tribuna Galicia. Estaremos atentos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s