Acaba un ano sen que, desgraciadamente, se vislumbre a fin deste blog (e moito menos coas eleccións municipais e xerais á vista). Tememos que 2015 será un ano de moito traballo para Eunonmanipulo, pero non por iso imos deixar de desexarvos que sexa o máis venturoso para todos.
Ogallá que pronto pechemos este blog (que vai camiño das 168.000 visitas en menos de dous anos de existencia) e que as súas funcións sexan substituidas por un consello de informativos que vixíe e fiscalice o funcionamento dos informativos da TVG e vele pola súa pluraliade, imparcialidade e rigor. Meréceno os profesionais da TVG e, sobre todo, a cidadanía.
Estes foron os dez artigos de Eunonmanipulo con máis visitas en 2014:
10- Só uns segundos para unha sentenza sen precedentes (346 visitas)
9- A desvergoña de ocultar ao BNG no Telexornal mediodía (385 visitas)
8- Os telexornais descobren “a cara oculta de Pablo Iglesias” (398 visitas)
7- Non importa o colapso dos hospitais en Vigo (455 visitas)
6- Ogallá non sexa flor dun día (504 visitas)
5- En defensa da CRTVG ante os ataques desleais de La Voz (691 visitas)
4- “Leña” ao BNG cara as eleccións europeas (710 visitas)
3- “Desinformando” do que ocorre no Parlamento galego (876 visitas)
2- A manipulación dos disturbios en Santiago (1.620 visitas)
1- Orgullo e tristura (2.394 visitas)
Por unha televisión pública para todos. Feliz ano 2015!