Case 70.000 traballadores galegos non chegan ao salario mínimo.
Máis da metade dos asalariados galegos a tempo parcial (unhas 64.000 persoas) gañou en 2013 menos de 638 euros (o salario mínimo). Un 1 % dos asalariados a tempo completo (unhas 5.000 persoas), tamén.
O informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), referido a 2013, recólleno case todos os medios de comunicación.
Na Televisión de Galicia, en cambio, obviouse o dato en pleno “Nadal da recuperación”