Por que se ocultan os soldos do consello de administración?

             O xoves 18 de decembro, o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, comparece no Parlamento de Galicia para responder a preguntas dos distintos grupos parlamentarios.

        Destaca especialmente unha de AGE, a cargo do deputado Juan Manuel Fajardo, sobre os soldos que perciben os membros do consello de administración da propia CRTVG. Fajardo cualificou de “nefasta” a política de transparencia do ente público.

              

                  Sánchez Izquierdo dixo que non lle gustaba trasladar datos persoais á cámara, e que decidíu facelo porque o consello de administración así o aceptou unánimemente.


Alternativa galega de esquerdas (AGE) ameazou hai un mes con acudir aos tribunais para coñecer o que cobran estes representantes políticos:

http://www.europapress.es/galicia/noticia-age-ira-tribunales-si-xunta-no-detalla-retribuciones-consejo-administracion-crtvg-20141120145526.html

                  

             Numerosos medios de comunicación informaron sobre a comparecencia parlamentaria de Sánchez Izquierdo, e destacaron os datos dos soldos do consello de administración da CRTVG en 2013:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/12/18/consejo-administracion-crtvg-consume-anualmente-800000-euros-mitad-dietas/00031418919706691493455.htm
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/12/19/consejeros-crtvg-ganan-71000-euros/1152647.HTML
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/18/galicia/1418928689_165346.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/19/galicia/1419017806_050305.HTML
http://elprogreso.galiciae.com/nova/380425-rodriguez-iravedra-son-consejeros-crtvg-dinero-ingresan
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22079.HTML
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/consejeros-crtvg-cobran-71-000-tanto-feijoo/idEdicion-2014-12-19/idNoticia-906598/
http://www.noticiasgalicia.com/index.php/ng-economia/12944/los-consejeros-que-mas-dinero-ingresan-en-la-crtvg-son-rodriguez-e-iravedra

      Pero a pesar desa repercusión e a importancia do asunto, para que a xente coñeza o que cobran no consello de administración da CRTVG dos cartos públicos, a TVG non ofrece nin a máis mínima noticia. Nin un segundo en ningún Telexornal!!!!!.

      Nin sequera se fai referencia a unha pregunta do BNG (que mesmo pedíu a súa demisión) sobre a posible implicación do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, cando foi presidente de Telemiño, no suposto financiamento ilegal do PP en Ourense:

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/sanchez-izquierdo-niega-irregularidades-telemino-mientras-bng-ve-su-designacion-un-pago-sus-servicios/idEdicion-2014-12-18/idNoticia-906552/

        É incrible que a propia TVG oculte unha información que lle atañe tan de preto, e que ademáis supón unha mostra de transparencia e claridade cos contribuíntes, que cos seus impostos manteñen os medios públicos.

       Por certo, aquí teñen a “clasificación” dos ingresos que perciben anualmente os once membros do consello de administración da CRTVG (datos de 2013) por xuntarse de vez en cando… para non se sabe ben que…

Carlos Alberto Rodríguez (PSOE) …. 71.231 €

José Luis Iravedra (PP) ………………. 71.104

Juan Carlos Araújo (PSOE) …………. 69.779

Arturo Maneiro (PP) …………………….. 67.765

Higinio Meijide (PP) …………………….. 67.572

Roberto Cid (PSOE) ……………………. 67.510

Ana Peón (PP) …………………………… 67.464

Adriana Fernández (PSOE) …………. 67.352

Luis de la Matta (PP) …………………… 67.141

Xosé Manuel Mexuto (BNG) ………… 56.062

María Bastida (PP) ……………………… 50.376

                   A TVG non foi o único medio que non recolleu a información… non fai falta sermos un lince para deducir cal foi algún outro…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s