“Tremendamente grave”. Así definiu Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, a situación do PP de Ourense tras o último auto da xuíza Pilar de Lara.
A formación nacionalista ve non só “un trombón, senón unha orquestra imputada en Ourense”. “Non podemos aceptar un minuto máis os silencios. Que haxa cesamentos e que haxa dimisións!, apuntou o voceiro do BNG.
A Televisión de Galicia pasou literalmente das declaracións de Vence, que si recolleron outros medios de comunicación
O BNG non foi o único político da oposición que se referiu á situación do PP ourensán. Tamén o fixo o secretario xeral dos PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que pide que se aclare canto antes.
No Telexornal do 17 de decembro só se puido escoitar, unha vez máis, a opinión dos conservadores.