O venres 12 de decembro, o Consello xeral do Poder xudicial presenta o informe sobre os efectos da crise económica durante o terceiro trimestre do ano, de xullo a setembro, destacando que en España se levaron a cabo case 13.500 desafiuzamentos, un 7’3 % máis que no mesmo período do ano anterior, en 2013.
A análise do CXPX divúlgase menos de 24 horas despois de que o presidente do goberno, Mariano Rajoy, declarase que “a crise económica é xa historia” (sic).
Así reflicten a noticia medios de prensa, radio e televisión, mesmo algúns de tendencia claramente progubernamental e de dereitas:
http://www.elmundo.es/economia/2014/12/12/548ab655e2704e96758b456e.html
http://cadenaser.com/programa/2014/12/12/hora_25/1418409726_590755.html
http://politica.elpais.com/politica/2014/12/12/actualidad/1418382435_858129.html
http://www.eldiario.es/sociedad/desahucios-aumentan-tercer-trimestre-respecto_0_334216671.html
http://www.abc.es/economia/20141212/abci-desahucios-cgpj-201412121050.html
http://www.cuatro.com/etiqueta/aumento_de_los_desahucios/
http://www.gaceta.es/noticias/crisis-historia-pasada-los-desahucios-aumentan-2014-12122014-1807
Amplísima e destacada cobertura informativa para un feito destacado, que pon en entredito o triunfalismo do goberno do PP sobre a situación económica.
Igual precisamente por iso a TVG oculta por completo esta información e non lle adica nin uns segundos. Tanto o Telexornal mediodía como o Telexornal serán silencian o asunto, sen máis.
Pero sen embargo, os responsables de informativos apúranse a destacar que Pablo Iglesias, como eurodeputado de Podemos, cobra máis que Rajoy:
É curioso que a TVG só resalte o caso de Pablo Iglesias, cando hai 259 altos cargos (moitos deles dentro ou na órbita do PP) que teñen maior salario que o presidente do goberno.
E, para facer outra comparación, se non se ofrece o informe cos malos datos económicos do CXPX, si se da outra información “en positivo”, sobre a débeda pública de Galicia respecto da media española:
Outra mostra da pluralidade e honestidade d@s dirixentes de informativos da TVG. O caso que se repite unha e outra vez: ocultar as informacións negativas para o PP. Ata cando seguirán prostituindo este servizo público ??