Os artigos máis vistos de Eunonmanipulo en 2014

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018.jpg

Acaba un ano sen que, desgraciadamente, se vislumbre a fin deste blog (e moito menos coas eleccións municipais e xerais á vista). Tememos que 2015 será un ano de moito traballo para Eunonmanipulo, pero non por iso imos deixar de desexarvos que sexa o máis venturoso para todos.

Ogallá que pronto pechemos este blog (que vai camiño das 168.000 visitas en menos de dous anos de existencia) e que as súas funcións sexan substituidas por un consello de informativos que vixíe e fiscalice o funcionamento dos informativos da TVG e vele pola súa pluraliade, imparcialidade e rigor. Meréceno os profesionais da TVG e, sobre todo, a cidadanía. Seguir lendo

Non importa o colapso dos hospitais en Vigo

Pacientes que ayer esperaban, al mediodía, en los pasillos de Urgencias del Meixoeiro. // FdV

 

 

 

 

 

                    O venres 26 producíuse unha situación de verdadeiro colapso no Complexo hospitalario universitario de Vigo (Chuvi), tanto no hospital xeral coma no Meixoeiro.

                    Segundo denunciou o sindicato CC. OO., houbo enfermos agardando máis de nove horas para ser atendidos, xente en padiolas e cadeiras de rodas acumuladas nos pasillos, e persoal desbordado por completo.

                   En palabras do propio persoal do Hospital xeral, o servizo “parecía unha zona de guerra”, con doentes que entraron ás 13 horas e non foron filtrados para urxencias ata as 22 horas, porque seica só había un facultativo na entrada e escaseza en enfermería porque a dirección do centro non cubríu as ausencias.

                  Unha situación similar á que se vivíu no Hospital do Meixoeiro, coa saturación de urxencias con máis de 100 pacientes, pasillos completos e cadro insuficiente de médicos, enfermería e celadores.

                  Así o reflectiron varios medios de comunicación, algún mesmo de ámbito español:

             Pero unha vez máis, a TVG non deu nin a máis mínima información sobre o asunto; nin nos Telexornais do venres nin nos da fin de semana. Iso si, o mesmo venres apuráronse a dar a noticia de que o Sergas prevé reducir a lista de espera para certas operacións:
             E o Telexornal mediodía do sábado 27 ofrece unha noticia sobre “os perigos” aos que se enfronta durante o nadal a xente con diabetes…
             E outra moito máis “relevante”: a opinión do PP andaluz criticando a Susana Díaz porque lle quere “roubar a foto” a Pedro Sánchez !!!!!:
             Case do mesmo nivel é outra “gran noticia”, titulada como “a experiencia de incorporarse ó mundo laboral”, que conta en que consiste o labor de tres becarias na editorial Galaxia !!!!:
             O de case sempre; que hai unha noticia negativa para o PP e/ou a Xunta ??… simplemente non se da ou fano “daquela maneira”. Para @s responsables de informativos da TVG, o colapso dos hospitais de Vigo durante o nadal non ten importancia.

Por que se ocultan os soldos do consello de administración?

             O xoves 18 de decembro, o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, comparece no Parlamento de Galicia para responder a preguntas dos distintos grupos parlamentarios.

        Destaca especialmente unha de AGE, a cargo do deputado Juan Manuel Fajardo, sobre os soldos que perciben os membros do consello de administración da propia CRTVG. Fajardo cualificou de “nefasta” a política de transparencia do ente público.

              

                  Sánchez Izquierdo dixo que non lle gustaba trasladar datos persoais á cámara, e que decidíu facelo porque o consello de administración así o aceptou unánimemente.

Seguir lendo

Posibles delitos no PP en Ourense: vergoña e máis vergoña

             O 15 de decembro coñécese que a xuiza Pilar de Lara, seguindo a trama sobre presunto financiamento ilegal do PP en Ourense, investiga 24 cargos ou ex-cargos do partido nesa provincia, polos supostos delitos de suborno, apropiación indebida, falsidade documental e tráfico de influencias.

              De Lara analiza a posibilidade de que varias empresas, sobre todo Telemiño e Pla & Nos, emitisen facturas falsas en favor de dirixentes provinciais do PP na Xunta, no goberno central e na Deputación. Seguir lendo

O aumento dos desafiuzamentos non interesa

                       O venres 12 de decembro, o Consello xeral do Poder xudicial presenta o informe sobre os efectos da crise económica durante o terceiro trimestre do ano, de xullo a setembro, destacando que en España se levaron a cabo case 13.500 desafiuzamentos, un 7’3 % máis que no mesmo período do ano anterior, en 2013.

                A análise do CXPX divúlgase menos de 24 horas despois de que o presidente do goberno, Mariano Rajoy, declarase que “a crise económica é xa historia” (sic).

Seguir lendo

E a manifestación dos emigrantes contra Facenda ??

       O venres 5 de decembro, uns 2.000 emigrantes galegos retornados do estranxeiro maniféstanse polas rúas de Ourense contra o Ministerio de Facenda e contra a Xunta de Galicia e o seu presidente Alberto Núñez Feijoo.

        Protestan para reclamarlle a Facenda que lles retire as multas por non ter cotizado en España polas pensións que lles foron concedidas nos países onde traballaron.
Seguir lendo

Os datos do paro en Galicia e España… “adepende”

              O martes 2 de decembro, coñécense os datos do paro correspondentes ao mes de novembro. Neles sobresae o balanzo negativo de Galicia, onde aumentou o número de desempregados en case 4.600 persoas.

              Moi mal dato, comparado co conxunto de España, onde o paro descendeu en preto de 15.000 persoas.
Galicia é a segunda peor comunidade autónoma, só por detrás de Baleares.

Seguir lendo