“Si no eres del PP, jódete, jódete” (2)

foto3
Elena Candia é a voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo. Nos últimos días a súa presenza nos telexornais estivo á altura do propio presidente da Xunta. Ata tres veces en catro días!

Non debería sorprendernos. Candia é a voceira do principal grupo da oposición na Deputación de Lugo e a pasada semana, despois do rexistro policial durante 11 horas na sede do goberno provincial e posterior comparecencia do presidente Besteiro, era lóxico que tivese algo que contar.
O problema non é a sobreexposición de Candia na TVG. O problema é que o criterio de recorrer aos principais grupos da oposición non se aplica para as outras deputacións (as tres, gobernadas polo PP. Que casualidade!).
Estas son as últimas veces que os voceiros do PSdeG-PSOE (grupo maioritario da oposición nas Deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense) apareceron nos Telexornais:
Salvador Fernández Moreda, voceiro do grupo socialista na Deputación da Coruña: 30 de marzo de 2013 con motivo dunha manifestación a favor dos traballadores da Fábrica de Armas (despois saiu máis veces, pero na súa condición de ex-conselleiro de NovaCaixaGalicia).
Santos Héctor, voceiro do grupo socialista na Deputación de Pontevedra: 26 de xuño de 2012 para falar do caso de duplicidade de cargos da concelleira e deputada socialista, Carmela Silva.
Ignacio Gómez, voceiro do grupo socialista na Deputación de Ourense: 14 de novembro de 2014 con motivo do primeiro debate sobre o estado da provincia.
En resumo, a oposición na Deputación de Lugo (PP) saiu máis veces en só catro días que o principal partido da oposición das outras tres corporacións provinciais (PSdeG-PSOE) no último ano.
Busquen na afiliación política duns e doutros a razón deste novo exemplo de sectarismo nos informativos da televisión pública de Galicia.
Xa o cantaba Baltar hai anos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s