O ex-xerente do PP de Ourense nos telexornais ? non, grazas

unnamed (1)

Desde que o xoves 20 de novembro se coñeceu o posible financiamento ilegal do PP de Ourense, os informativos da TVG só se fixeron eco en todo momento das declaracións “oficiais” dos dirixentes do partido, silenciando por completo a opinión do home que denunciou a suposta corrupción: o que foi xerente do PP provincial durante 27 anos, Emilio Pascual.

A ausencia de Emilio Pascual dos informativos da TVG contrasta coa cobertura que se dan aos problemas internos noutros partidos (fugas no BNG, en AGE), pero especialmente no caso de Carlos Príncipe, moi crítico coa liña oficial do PSdeG-PSOE en Vigo. TVG é un dos medios que máis visita a consulta do ex-alcalde. Pero, claro, as informacións sobre o Partido Popular de Galicia non se traballan só con criterios xornalísticos.

Esta é a relación das noticias ofrecidas polos Telexornais sobre o asunto, desde o venres 21; comezamos polo Telexornal mediodía dese mesmo venres, con declaracións á Radio Galega do ex-presidente do Partido popular en Ourense, Xosé Luis Baltar:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-de-ourense-e-a-empresa-telemino-negan-o-presunto-financiamento-ilegal-que-investiga-de-lara-935589
No Bós días do sábado 22, a mesma información:
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-de-ourense-e-a-empresa-telemino-negan-o-presunto-financiamento-ilegal-que-investiga-de-lara-936248
Nos telexornais do mediodía e do serán dese mesmo sábado, inclúense só declaracións do actual presidente do PP ourensán, Xosé Manuel Baltar:
http://www.crtvg.es/informativos/baltar-anuncia-accions-xudiciais-contra-o-ex-xerente-do-pp-de-ourense-936328
http://www.crtvg.es/informativos/baltar-anuncia-accions-xudiciais-contra-o-ex-xerente-do-pp-de-ourense-936392
O domingo 23, tócalle o turno ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destaca a actuación do PP de Ourense para sancionar ao ex-xerente. O Telexornal mediodía e o serán, ofrecen as mesmas impresións de Rueda:
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-considera-que-o-psdeg-manten-unha-dobre-vara-de-medir-en-ourense-e-lugo-936468
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-considera-que-o-psdeg-manten-unha-dobre-vara-de-medir-en-ourense-e-lugo-936538

Luns 24. Vólvense emitir as declaracións de Rueda eloxiando as medidas do PP de Ourense… e criticando ao PS de G-PSOE pola súa actuación sobre os rexistros levados a cabo na Deputación de Lugo:
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-considera-que-o-psdeg-manten-unha-dobre-vara-de-medir-en-ourense-e-lugo-936755
O martes 25, amplas informacións nos telexornais sobre a decisión do PP ourensán de expulsar do Partido a Emilio Pascual. Así o reflectiron as edicións de mediodía e serán:
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-de-ourense-acorda-expulsar-o-ex-xerente-que-denunciou-unha-caixa-b-no-partido-938365
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-de-ourense-acorda-expulsar-o-ex-xerente-que-denunciou-unha-caixa-b-no-partido-938739
E para seguir coa racha e coa liña “oficialista” do PP, o Bós días do mércores 26 tamén se ocupa amplamente do asunto, coas mesmas declaracións do día anterior de Xosé Manuel Baltar:
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-de-ourense-propon-expulsar-o-ex-xerente-que-denunciou-a-presunta-caixa-b-938862
A TVG ofrece en poucos días ata DEZ (10) informacións do presunto financiamento ilegal do PP de Ourense, pero só para darlle cancha e tempo a declaracións de dirixentes do partido, e a medidas decretadas contra o ex-xerente Emilio Pascual. Ningunha versión do home clave en toda a trama.
E iso que falou con algún medio de comunicación para explicar que decidiu divulgar a fraude dentro do Partido Popular, contrariado polas acusacións que verteu contra él Xosé Luis Baltar cando acudíu a declarar diante da xuiza Pilar de Lara… Mesmo a radio galega buscou a Pascual para que opinase:
http://www.crtvg.es/esta-pasando/emilio-pascual-nega-que-el-xestionase-as-doazons-que-recibia-o-pp-936177

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/11/21/emilio-pascual-venganza-baltar-hice/1136085.html

http://www.20minutos.es/noticia/2306033/0/exgerente-pp-ourense-dijo-jueza-que-pagos-campanas-se-ocultaban-al-pp-madrid/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/11/22/sabian-dice-exgerente-pp-ourense-sobre-caja-b/0003_201411G22P3991.htm

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/11/22/exgerente-asegura-cupula-pp-ourensano/901705.html

http://cadenaser.com/ser/2014/11/22/tribunales/1416665623_364062.html

http://www.europapress.es/nacional/noticia-exgerente-pp-ourense-asegura-baltar-blanco-conocia-contabilidad-20141121152912.html
Pero os responsables de informativos da TVG non consideraron importante coñecer a opinión dunha testemuña clave nun asunto tan delicado e incómodo para o PP de Ourense. Os outros medios si, mesmo a radio galega… pero a televisión pública de Galicia, non… outro claro exemplo de manipulación informativa.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s