O financiamento do PP e o rexistros na Deputación de Lugo

1328532067_extras_ladillos_1_0

Os presuntos casos de corrupción política que investiga a xustiza en Galicia seguiron sendo noticia esta fin de semana. Pero nos telexornais observamos un gran desequilibrio e parcialidade á hora de tratar un ou outro asunto.

Sobre o presunto financiamento ilícito do PP de Ourense só escoitamos no Telexornal Mediodía do sábado unha declaración de José Manuel Baltar.

http://www.crtvg.es/informativos/baltar-anuncia-accions-xudiciais-contra-o-ex-xerente-do-pp-de-ourense-936328

Aos rexistros na Deputación de Lugo o mesmo informativo adicoulle catro minutos de información, incluídas declaracións de voceiros do BNG, do PSdeG e do alcalde de Lugo.

http://www.crtvg.es/informativos/a-xuiza-de-lara-levou-a-cabo-un-rexistro-na-deputacion-de-lugo-936331

http://www.crtvg.es/informativos/psdeg-e-bng-ofrecen-colaboracion-coa-xustiza-936329

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-lugo-asegura-sentirse-tranquilo-respecto-ao-rexistro-xudicial-no-concello-936330

A TVG tiña declaracións de Méndez Romeu e de Vence  sobre o presunto financiamento ilegal do PP de Ourense; pero os telespectadores tiveron que esperar ao telexornal da noite para enterarse, iso sí, cunha breve referencia sobre imaxes que non incluía ningunha das declaracións da oposición en viva voz pedindo a comparecencia de Núñez Feijóo sobre este asunto.

http://www.crtvg.es/informativos/psdeg-bng-e-age-piden-explicacions-sobre-a-financiacion-do-ppde-ourense-936394

O tratamento do papel da oposición política non resiste unha comparación co publicado por outros medios de comunicación.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/11/23/oposicion-pleno-exige-pp-ourense-aclare-financia/0003_201411G23P4992.htm

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/vence-condena-gestion-corrupta-pp-ourense/idEdicion-2014-11-23/idNoticia-902348/

O domingo os telexornais inclúen as últimas novidades sobre os rexistros na Deputación de Lugo.

http://www.crtvg.es/informativos/a-udef-analiza-a-documentacion-da-deputacion-de-lugo-936469 /

Pero, outra vez, no capítulo de declaracións só fala o Partido Popular.

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-considera-que-o-psdeg-manten-unha-dobre-vara-de-medir-en-ourense-e-lugo-936468

Inclúen unhas declaracións de Alfonso Rueda criticando a actitude do líder dos socialistas galegos ante a corrupción no seu partido. Da investigación sobre o PP de Ourense, nin palabra.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s