O financiamento do PP de Ourense… e Telemiño

       O xoves 20 de novembro coñécese o contido dun auto da titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, no que se aprezan indicios de financiamento ilegal do PP de Ourense mediante facturas falsas.

       Polas investigacións e sospeitas de Vixiancia Aduaneira, os datos aparecidos na investigación da operación Pokémon, e as declaracións de Emilio Pascual, ex-xerente do PP de Ourense, no centro da presunta trama están a axencia de publicidade Pla & Nos e a televisión local Telemiño, do grupo La Región.

       Nada máis coñecerse a noticia, numerosos medios de comunicación destácana de inmediato nas edicións dixitais na internet:

http://www.elmundo.es/espana/2014/11/20/546e3ffa22601d4d408b4576.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/11/20/lara-investiga-pp-ourense-financio-manera-ilicita/00031416515366835994611.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/11/20/galicia/1416507646_891773.html

http://elprogreso.galiciae.com/nova/374106-jueza-lara-investiga-pp-ourense-presunta-financiacion-ilegal

http://www.20minutos.es/noticia/2302731/0/lara-sospecha-que-pp-ourense-se-financio-ilicitamente-mediante-sistema-facturacion-falsa/

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/11/21/lara-ve-indicios-financiacion-ilegal/901326.html

http://ecodiario.eleconomista.es/politica/noticias/6262357/11/14/Pokemon-La-juez-sospecha-que-el-PP-de-Ourense-se-financio-ilicitamente-mediante-un-sistema-de-facturacion-falsa.html

          Pero a TVG, que xa dispoñía do auto xudicial íntegro esa mesma tarde, apenas ofreceu uns segundos da información (que, por certo, non está destacada na web corporativa) no Telexornal serán.

         O Bós días do venres 21 ofrece practicamente a mesma noticia que o día anterior:

http://www.crtvg.es/informativos/investigan-na-pokemon-o-posible-financiamento-ilegal-do-pp-de-ourense-935427

          E o Telexornal mediodía xa a amplía, pero para ofrecer só a opinión do ex-presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, recollida pola Radio Galega:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-de-ourense-e-a-empresa-telemino-nega-o-presunto-financiamento-ilegal-que-investiga-de-lara-935589

          Ningunha alusión (que tamén citou a Radio Galega) a que o ex-xerente do PP ourensán nega que él xestionase as doazóns que recibía o partido:

http://www.crtvg.es/esta-pasando/emilio-pascual-nega-que-el-xestionase-as-doazons-que-recibia-o-pp-936177

           … E absolutamente nada da petición dos grupos parlamentarios de AGE e o BNG para que o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, compareza no Parlamento para que aclare o seu papel na suposta “trama de financiación irregular do PP de Ourense”, xa que durante varios anos dirixíu o grupo La Región e presidíu Telemiño:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/age-bng-piden-comparezca-director-crtvg-investigacion-financiacion-pp-ourense/idEdicion-2014-11-21/idNoticia-902255/

             No colmo da ocultación, o Telexornal serán tampouco informou do comunicado do director xeral da CRTVG, no que indica que a súa relación con Telemiño rematou hai seis anos e que está disposto a acudir ao Parlamento para aportar a información que lle soliciten:

http://www.eldiario.es/politica/CRTVG-relacion-Telemino-dispuesto-Camara_0_326868298.html

            Pero onde si fai alarde informativo o Telexornal é no rexistro que se leva a cabo na Deputación de Lugo. Velaí a cantidade e duración das noticias sobre o ocorrido:

http://www.crtvg.es/informativos/rexistro-policial-na-deputacion-de-lugo-dentro-da-investigacion-do-programa-quilometro-0-935592

http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-da-deputacion-de-lugo-di-desconecer-o-motivo-deste-ultimo-rexistro-935591

http://www.crtvg.es/informativos/axentes-de-aduanas-rexistran-varios-departamentos-do-concello-de-lugo-935590

           Facemos fincapé nese feito porque é habitual nos informativos da TVG. Cando salta algún escándalo e/ou investigación que implica ao PP, a “táctica” dos responsables é xeralizar, meter a todos os partidos no mesmo saco… e resaltar, sobre todo, as irregularidades dos outros grupos.

           E ás veces fano de xeito completamente burdo e descarado, con asuntos que están fora da actualidade do momento. Como é o seguinte caso:

           O Telexornal mediodía ofrece unhas declaracións do secretario xeral dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro… sobre as contas do seu partido en Santiago,!!!! Pregunta formulada pola propia TVG sobre un asunto completamente menor e desactualizado nesta xornada.

          Que o PP está salpicado por posibles corruptelas?… pois que o PSOE explique tamén as súas:

http://www.crtvg.es/informativos/besteiro-di-que-as-contas-do-psdeg-de-santiago-xa-estan-a-disposicion-da-xustiza-935587

Ogallá haxa a mesma responsabilidade e o mesmo criterio informativo á hora de ordenar facer preguntas comprometedoras aos políticos do PP.

          Outra mostra de manipulación vergoñenta e sen tapuxos dos encargados de informativos na TVG. Calquera día, se salta outro escándalo do PP, para compensar, os Telexornais acusarán aos partidos da oposición da morte de Manolete, por exemplo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s