O martes 18, afectados polas expropiacións forzosas do parque Ofimático da Coruña, interrompen o inicio do pleno municipal exhibindo unha pancarta que alude aos casos de corrupción que salpican ao goberno local do PP, ao mesmo tempo que piden a dimisión do alcalde, Carlos Negreira.
Despois duns minutos de tensión, foron desaloxados pola policia local. Os edís do BNG tamén portaban carteis contra o desaloxo no Ofimático, e ao Pleno tamén asistiron, como protesta, axentes da policia local descontentos por promesas incumpridas polo PP
Numerosos medios de comunicación fixéronse eco do acontecido nese pleno do concello coruñés:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/11/18/galicia/1416313889_801160.htmlhttp://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/11/18/afectados-ofimatico-desalojados-pleno/900343.html
Numerosos medios… entre os que non está a TVG, que oculta descaradamente os incidentes. Os telexornais non dan nin a máis mínima noticia, e o informativo local da Coruña só fala do Pleno aludindo aos orzamentos para 2015… nada de nada do conflito previo nin das críticas ao goberno e ao alcalde do PP:
Iso si, o Telexornal mediodía da outra noticia moi relevante da Coruña: o arranxo dunha tubería de auga rebentada…
Dirán vostedes: iso é criterio informativo… decisión dos responsables, que pode ser máis ou menos acertada… pero non.
Se comparamos esa ocultación dos incidentes no concello da Coruña (goberno do PP), co que se fai na TVG, por exemplo, co concello de Vigo (goberno do PSdeG-PSOE), xa aparece de xeito descarado e escandaloso a clara manipulación informativa.
Fagamos un breve repaso a noticias de Vigo emitidas nas últimas semanas, todas elas moi críticas co concello e/ou co seu alcalde, o socialista Abel Caballero:
O pasado día 13 de novembro, dase unha información moi “relevante” sobre o piso esvaradizo da praza do Berbés!!!!!:
O 6 de novembro, o Telexornal mediodía da a noticia de que houbo problemas no concello vigués pola protesta de traballadores:
30 de outubro: tamén no Telexornal mediodía (o de maior audiencia), dise que o alcalde de Vigo non quere falar de corrupción:http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-vigo-evita-falar-de-corrupcion-919399
E o pasado 27 de outubro, o Telexornal mediodía ocúpase de informar dunha sesión municipal tensa, por protestas sociais:
Casos moi similares con distinto tratamento. Porqué se informa amplamente dos conflitos que xorden no concello de Vigo, e non se da nada do que ocorre na Coruña?
Adiviña adiviñanza… será unha casualidade ou será pura e dura manipulación informativa a favor do PP ??