Os telexornais censuran ao papa Francisco

 

                  Os medios de comunicación levan varios días informando da investigación por pederastia a sacerdotes da diócese de Granada.

                 O feito de que fose unha chamada do Papa Francisco a que destapou a noticia chamando a unha das vítimas para pedirlle perdón, dálle ao caso especial relevancia. Nin sequera os medios máis conservadores ocultan o caso, que a raíz disa conversa está en mans da xustiza.

 

http://www.abc.es/videos-espana/20141117/papa-llama-presunta-victima-3895423720001.html

 

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/7943575/religion/el-arzobispado-de-granada-aparta-a-varios-sacerdotes-acusados-de-abusos-sexuales#.Ttt12fVeb5wYMbY

 

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/arzobispado-granada-aparta-varios-sacerdotes-presuntos-abusos-sexuales/2864019/

 

http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/policia-investiga-religiosos-dos-seglares-presuntos-abusos-sexuales-granada_2014111800205.html

 

http://www.antena3.com/noticias/sociedad/policia-investiga-posibles-complices-curas-acusados-abusos_2014111800256.html

 

Na TVG, en tres días, todo o que puidemos ver sobre o caso foron dúas declaracións do arcebispo de Granada nos telexornais do mediodía, xustificando o seu silencio e inacción no caso. Dúas declaracións duns segundos en tres días, para unha noticia da que a inmensa maioría dos medios fan un especial seguimento.

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-arcebispado-de-granada-aparta-do-exercicio-varios-sacerdotes-por-supostos-abusos-sexuais-932107

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-arcebispo-de-granada-di-que-a-suposta-vitima-dos-abusos-sexuais-lle-pediu-que-non-fixera-nada-para-deixar-actuar-a-xustiza-933578

 

           Estes días na redacción da Televisión de Galicia moitos xornalistas lembran a sorprendente declaración dun responsable dos informativos o día que se soubo a identidade do novo líder da Igrexa Católica: “este papa é o peor que nos podía tocar”.

 

           Empeza a non parecer casualidade a ocultación de información relevante de moitas declaracións realizadas desde entón polo Papa Francisco sobre asuntos que preocupan á sociedade; unha sociedade que, no caso da galega, segue manifestándose maioritariamente católica e que merece ter cumprida información na súa televisión do que ocorre no seo da súa igrexa.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s