A sectaria biblioteca da TVG: Pablo Iglesias, sí; Mariano Rajoy, non

 

        O politólogo e escritor galego Antón Losada presentou a principios de semana o seu novo libro “Código Mariano. Desmontando a Mariano Rajoy”.

O autor define ao actual presidente do Goberno como, probablemente, un dos políticos máis enigmáticos de toda a historia da democracia. O libro está dividido en 5 grandes bloques: A vida de Mariano, O partido segundo Mariano, A política segundo Mariano, O Goberno segundo Mariano e O Marianismo segundo Mariano.

        Pois ben, ningún Telexornal da TVG ofreceu unha mísera reseña sobre o libro.

        Non sería denunciable senón fose por que hai dúas semanas, os telexornais da TVG lanzaron unha auténtica ofensiva a favor do libro “La cara oculta de Pablo Iglesias”, do tamén xornalista galego Enrique Riobóo. Os tres telexornais falaron ese día do libro, algo que cremos que é inédito na historia da TVG.

        O libro máis promocionado da historia dos telexornais !!!. Así o denunciou no seu día Eunonmanipulo:

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/11/06/os-telexornais-descobren-a-cara-oculta-de-pablo-iglesias/

        De novo quedan en evidencia os responsables de informativos da TVG: o criterio para informar sobre a presentación dun dos libros, evidentemente, non é xornalístico. Eles saberán.

P.D.: A TVG nin sequera ten o detalle de darlle publicidade a un colaborador: Antón Losada é contertulio de Foro Aberto.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s