Galego “moi molesto”

      Roberto Rivas deixou de ser un personaxe anónimo o día que se negou a participar no desafiuzamento dunha anciá, Aurelia Rey, no centro da Coruña.

      O seu xesto saíu en tódolos medios de comunicación de España e abríu o debate sobre se os bombeiros estaban ou non obrigados a actuar nestes actos xudiciais.

       Esta semana confirmábase que o multaban por alteración da orde pública, e Roberto comparecía diante dos medios este xoves.
       Practicamente todas as televisións e o resto dos medios recollían a reacción de Roberto Rivas.

 

A Televisión de Galicia estivo nesa rolda de prensa celebrada ás 12 h na Coruña, pero ocultou a noticia nos dous principais telexornais. Non lle adicou nin un segundo no Telexornal Mediodía nin no Telexornal Serán. Roberto Rivas é un galego coñecido en toda España. Para a Televisión de Galicia é un deses galegos “molestos” cuxas accións convén non airear… non vaia ser que se convirtan en exemplo. Roberto non foi tanta noticia na TVG, que relegou a información ata pasado máis dun cuarto de hora no espazo Galicia Serán. Dase a casualidade de que os responsables destes informativos tampouco consideraron de interese xeral os datos sobre desafiuzamentos dados a coñecer polo Banco de España.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s