Todos a unha! Así reaccionaron os tres telexornais da TVG o mércores 5 de novembro para cumprir co que cheira de lonxe a clara consigna máis política que xornalística.
Poñémolos en antecedentes:
O martes 4 de novembro preséntase en Madrid o libro do xornalista galego Enrique Riobóo “La cara oculta de Pablo Iglesias”, no que conta a súa relación persoal e profesional co líder de Podemos en termos moi críticos.
Non sabemos cántos medios acudiron á presentación, pero, como se pode apreciar na foto que acompaña este artigo, na mesa principal só se ven dous micrófonos: o de Canal 33, televisión da que é director o autor do libro, e…. o da Televisión de Galicia!!!
Un día despois, os tres telexornais falaron do libro!
O Bos Días:
O Telexornal Mediodía:
E o Telexornal Serán:
Sen dúbida, o libro máis promocionado polos telexornais nos últimos anos (noutros medios de comunicación non tivo tanta acollida). E está ben falar de libros. Pero non fagamos xogo sucio. O domingo, Juan Carlos Monedero, outro dos fundadores de Podemos, viaxou ata A Coruña para presentar o seu libro. O Telexornal dedicoulle á publicación literalmente 10 palabras (nin sequera se deu o título):
Agardemos que os telexrnais lles presten proximamente aos libros de Pablo Iglesias, Íñigo Errejón ou Juan Carlos Monedero o mesmo tratamento que ao libro de Riobóo. De non ser así, a ofensiva dos telexornais deste mércores seguiranos cheirando a podre.
Pingback: A sectaria biblioteca da TVG: Pablo Iglesias, sí; Mariano Rajoy, non | Denuncia da manipulación informativa na TVG