O Consello de Contas non conta para a TVG

Xesús-Palmou_EP_remitido

O Consello de Contas, o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, detecta irregularidades nos cursos de formación subvencionados pola Xunta de Galicia.

En concreto, o informe de 2010 presentado o 3 de novembro fala de ata 574 irregularidades detectadas en 70 cursos. A Operación Zeta xa deixaba ao descurberto as prácticas que agora censura o Consello. A Xunta está no punto de mira por non verificar se os cursos subvencionados tiñan ou non tiñan alumnos, ou por non controlar que parte das subvencións poderían ir a inflar os salarios dos directivos de empresas.

O informe do organismo fiscalizador merece para os informativos da TVG un simple corte de 15 segundos do presidente do Consello, Xesús Palmou, pero sen referencia ningunha ás irregularidades das que informou, e non só para pedir máis medios para loitar contra a corrupción. Curiosamente, ese corte sobre corrupción ía fóra da ampla sección que o Telexornal Serán do día 3 lle dedicou á corrupción en todo o Estado, menos en Galicia.

http://www.crtvg.es/informativos/o-consello-de-contas-reclama-medios-para-loitar-contra-a-corrupcion-922300

Para o resto dos medios de comunicación de Galicia si é importante a noticia dunhas irregularidades que salpican de cheo á Xunta e que incluso poderían implicar ao seu presidente, pero das que a TVG non informa coa mesma dilixencia que dos casos noutras comunidades autónomas. De feito, a noticia é portada na maioría dos xornais.

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/11/04/contas-censura-traballo-verificar-cursos/1125117.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/11/03/galicia/1415019824_661088.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/11/04/contas-detecto-574-irregularidades-70-cursos-subvencionados-2010/0003_201411G4P6991.htm

http://www.radiocoruna.com/articulo/informativos-radio-coruna/consello-contas-alerta-falta-control-subvenciones-crespo/20141103194907021810.html

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s