Ocultando que as monxas desminten a Iravedra

unnamed
Esta semana tivo que declarar nos xulgados o ex-presidente do PP de Lugo e membro do Consello de administración da CRTVG, José Luis Iravedra, por un presunto delito electoral cando trasladou a persoas inválidas e con graves trastornos mentais a votar nas eleccións autonómicas de 2012.

Iravedra asegurou diante da xuiza que recibiron unha chamada das monxas do asilo onde estaban os enfermos, para que os trasladasen a votar:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/10/30/iravedra-declara-llevo-ancianas-votar-asilo-pidieron-ayuda-pp/0003_2014101414667316957860.htm

http://elprogreso.galiciae.com/nova/368955-iravedra-hice-empujar-silla-ruedas

Pero o sábado 1 de novembro, coñécese que as monxas do asilo non lle pediron ningún tipo de axuda ao PP, desmentindo así as manifestacións de Iravedra.
A madre superiora do centro Fogar San Roque de Lugo sostén que nin coñece nin ten relación co político conservador. Así o publican varios medios de comunicación:
Aos feitos tamén se referíu o secretario xeral dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que diante dos xornalistas plantexou ironicamente se era máis crible Iravedra que as monxas do asilo…
Pero nos informativos da TVG só se incluiron as declaracións de Besteiro sobre un posible pacto anticorrupción… nin asomo do “enfrontamento” monxas – Iravedra:

http://www.crtvg.es/informativos/besteiro-cre-necesario-un-pacto-anticorrupcion-921324

As monxas desacreditan a Iravedra, e a TVG cala, cando antes si se deu que o membro do PP dixo que aquelas lles pediron axuda para levar aos votantes.

Igual o de Iravedra é unha mentira… piadosa.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s