Na TVG non coñecen a Iravedra

scale2

Xosé Luis Iravedra tivo que acudir aos xulgados para declarar na causa aberta por carrexo de votos de persoas con demencia.

Os telexornais adícanlle unha noticia cativa, na que o ex-presidente do PP de Lugo apenas merece unha liña, camuflado entre os que parecen ser os protagonistas, unha ex-concelleira e un militante do seu partido.

O texto da noticia é o mesmo no telexornal do mediodía e no da tarde e en ambos ocúltase que Xosé Luis Iravedra é membro do Consello de Administración da CRTVG. Ocúltase un dato que o resto dos medios de comunicación destacan.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/10/31/iravedra-dice-monjas-asilo-pidieron-pp-llevar-ancianos-votar/0003_201410G31P6991.htm
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/10/31/expresidente-pp-lugo-justifica-llevo/1122588.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/10/30/galicia/1414672907_097806.html

Na información dos telexornais tampouco se inclúen as declaracións realizadas ás portas do xulgado por membros de Esquerda Unida e de AGE, impulsores da denuncia, criticando que Xosé Luis Iravedra continúe formando parte do Consello de Administracións da CRTVG.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s