Pero non pediron a dimisión da Conselleira ???

Beatriz Mato: «Ahora y no antes, gracias a este Gobierno, está controlado el 100% de subvenciones destinadas a formación»

              O venres 31, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acode á comisión de presupostos do Parlamento para explicar as contas do seu departamento para 2015.

               Pero como era de agardar, a Mato chovéronlle as críticas da oposición pedíndolle explicacións tralas revelacións do sumario da “operación Zeta”, a presunta trama de fraude de contratos e subvencións para a formación procedentes disa Consellería.

               Mesmo desde AGE e o BNG, pediron a súa dimisión, ao considerar que está directamente implicada na posible corrupción.

Seguir lendo

Cando a sentenza non interesa: caso Jorquera

scale3
Un xulgado da Coruña anulou a multa ao deputado do BNG Francisco Jorquera pola súa participación nas protestas contra o desafiuzamento dunha anciá e condenou á Delegación do Goberno a pagar as costas do xuízo por “vulnerar os dereitos fundamentais do recorrente”. Todos os telexornais ocultaron esta información e as declaracións sobre a sentenza realizadas por Jorquera.

Seguir lendo