“Desinformando” sobre o ocorrido no Parlamento galego

O mércores 29 de outubro, algunhas das informacións ofrecidas pola TVG sobre o debate do pleno no Parlamento de Galicia son un auténtico despropósito, pola súa manipulación e engano aos espectadores.

           Para empezar, pola mañá fálase da presunta trama de fraude de subvencións na chamada “operación Zeta”, na que aparece o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, pola súa amizade con Francisco Ramón Pachi de Lucas, considerado pola policía o intermediario ou “conseguidor” entre os empresarios imputados e os dirixentes do PP.

           O voceiro do BNG, Francisco Jorquera, exhibe desde o seu escano unha foto – publicada polo xornal electrónico “eldiario.es” – na que se ve a Feijoo, xunto con Rajoy e outros destacados dirixentes do PP (Rueda e Louzán), compartindo unha xornada de touros en Pontevedra co citado de Lucas (situado á esquerda de Alfonso Rueda):

          O Telexornal mediodía non da absolutamente nada da foto en cuestión.

          O Parlamento tamén debateu sobre a comparecencia nos xulgados do ex-presidente do PP de Lugo, Xosé Luís Iravedra, este xoves 30, por un presunto delito electoral, por trasladar votantes impedidos.

           Así ofreceu a información o Telexornal da TVG:
           En ningún momento se cita que Iravedra é membro do Consello de administración da CRTVG polo PP, e as declaracións de Feijoo contestando a Yolanda Díaz (AGE) refírense só ao funcionamento interno de AGE, completamente fora do contexto das acusacións de Díaz.
           E nada de nada das fotos que ensinou a propia Yolanda Díaz nas que se ve claramente a Iravedra e outros membros do PP de Lugo trasladando á xente en cadeira de rodas a votar ao colexio electoral:
XOÁN A. SOLER

            A meirande parte dos medios (a TVG non, claro), alude á intervención de Feijoo de que non ten “competencias” sobre as monxas dun asilo e que descoñece “se é correcto ou non” levar a votar “a persoas impedidas”. Velaiquí algúns exemplos:
            Finalmente, na sesión da tarde, a oposición pide a dimisión inmediata da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen asegurou que os implicados na trama das subvencións “enganáronnos a todos” (sic).

          Así o reflicten algúns dos xornais galegos máis importantes:
            O Telexornal serán da TVG non ofreceu nin a máis mínima noticia sobre este asunto.
            Outra mostra da equidade e imparcialidade d@s responsables de informativos da TVG: manipular, ocultar e/ou falsear o que ocorre, e dun xeito especialmente grave ao tratarse do acontecido no Parlamento de Galicia, onde está representada a soberanía popular.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s