14 de outubro de 2014. O dirixente provincial do PP de Lugo José Luis Iravedra e outras tres persoas ligadas ao partido foron citados a declarar en calidade de imputados a raíz dunha denuncia por carrexo de votos nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.
Levaban anciáns do asilo de San Roque, supostamente, despois dun exame forense, ditaminouse que estas persoas que votaron non tiñan capacidade para decidir sobre o seu voto por padecer demencia senil ou alzheimer.
O traslado de votantes protagonizado por Iravedra, a ex concelleira Teresa Taboada e os militantes Benigno Gómez e Serafín Rodríguez foi reflectido nalgúns medios de comunicación durante a propia xornada electoral e denunciado logo formalmente por AGE.
Esta imputación foi criticada duramente pola oposición dende PSOE e sobre todo AGE que pedíu a dimisión de Iravedra do Consello de Administración da CRTVG e apareceu nos medios de comunicación do país e de fora.
Para este asunto a Galega non adicou nin un só segundo nos seus informativos. Cabe destacar que ese día había un equipo da TVG nese colexio electoral, tal e como se pode ver na instantánea que publicou no seu día La Voz de Galicia e que acompaña este artigo.