
O mércores 17 de setembro coñécese a imputación polos presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias da alcaldesa de Alacante, Sonia Castedo – orixinaria de Ribadeo -, do Partido Popular.
O xuiz chama a declarar a Castedo para clarexar se tentou beneficiar ao constructor Enrique Ortiz, co que mantén unha estreita relación. A alcaldesa alacantina deberá acudir ao xulgado o vindeiro 27 de novembro.