
O venres 12 de setembro a xuiza Pilar de Lara, que instrúe a chamada “operación Pokémon” por suposta corrupción, emite un auto polo que solicita a contabilidade do PP na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.
A xuiza pide os xustificantes documentais ao observar que cantidades de diñeiro entregadas en maio e xuño de 2011 polo delegado de Véndex en Galicia – José María Tutor – foron, presuntamente, a distintas persoas relacionadas co PP.
A noticia ten ampla repercusión nos medios:
http://www.abc.es/local-galicia/20140912/abci-pokemon-contabilidad-201409122259.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/09/13/galicia/1410636032_897877.html
A TVG “despacha” o asunto en apenas uns segundos no Telexornal mediodía do sábado 13:
E a noticia “desaparece por completo” no Telexornal serán… aínda que si se repite, por exemplo, a información de que “os populares coruñeses abren formalmente o curso político”:
http://www.crtvg.es/informativos/os-populares-coruneses-abren-formalmente-o-curso-politico-889694
Volvendo ao asunto das contas do PP, curiosamente só se ofrecen imaxes da xuiza Pilar de Lara entrando no xulgado, e do propio edificio. Nin un só rótulo dos que sempre se poñen para complementar a información, nin unha soa imaxe de sedes do PP nas cidades onde se investiga… e moito menos do presidente do PP de Lugo e voceiro no Senado, José Manuel Barreiro, do que de Lara enviou ao Tribunal Supremo diversas gravacións para que este decida se é imputado polo presunto cobro de 5.000 euros procedentes de Véndex.
As imaxes emitidas para ilustrar a noticia (de de Lara e o edificio dos xulgados de Lugo) son as mesmas que se puxeron no Telexornal serán do venres 12 para falar de que a xuiza reclamaba a listaxe de chamadas telefónicas do primeiro tenente de alcalde da Coruña, Julio Flores – do PP -; da sede do PP en Ferrol, e dun achegado a este partido, tamén en Ferrol. As chamadas foron realizadas entre maio e xullo de 2011:
Igual descubrimos outra maneira de manipular a cargo dos responsables de informativos da TVG: non dar nin imaxes nin rótulos alusivos a noticias negativas para persoas e/ou institucións do PP…
E que na TVG está penado con cárcere falar mal do PP.