Lío no PP do Porriño

Porriño

O concello do Porriño vive unha situación revolta e esperpéntica, que se reflicte nun feito insólito no mundo político: o alcalde Nelson Santos, do PP, anunciou unha demanda xudicial contra o presidente local do seu propio partido, Manuel Carrera, que tamén é o concelleiro responsable de vías e obras.

O alcalde porriñés do PP afirma que Carrera danou a súa honra cunhas declaracións feitas a “El País”, nas que recoñecía que Santos cometera irregularidades en diversas facturas.

Santos xa está imputado – xunto cos concelleiros dous e tres do grupo popular – por supostos delitos de prevaricación, malversación, cohecho, tráfico de influencias e vulneración dos dereitos dos traballadores.

Os principais xornais galegos e algúns outros destacan a noticia o mércores 10 e o xoves 11:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/09/10/alcalde-porrino-querella-contra-miembro-gobierno-jefe-pp/0003_201409H10P9991.htm

http://www.abc.es/local-galicia/20140911/abci-nelson-santos-demanda-conciliacion-201409111738.html

http://elprogreso.galiciae.com/nova/357735-alcalde-porrino-se-querella-companero-gobierno-injurias

http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/santos-cambia-estrategia-defensa-y-denuncia-carrera/20140911093006434750.html

http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/09/11/alcalde-o-porrino-interpone-demanda/1092194.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/09/11/galicia/1410462945_160746.html

Sen embargo, a TVG non lle da nin un só segundo á noticia. Ningún Telexornal ofrece a máis mínima referencia sobre un feito que é case incrible e mesmo pode ser inédito: a demanda xudicial dun alcalde – do PP – contra o presidente local do mesmo partido, e concelleiro do seu equipo de goberno… !!!!!.

Alguén debería dar explicacións por esta falta absoluta de ética e de honestidade nos informativos da TVG. Un exemplo máis da manipulación; o silencio, a ocultación dunha situación negativa para os intereses do PP, neste caso o descontrol que vive o goberno local no concello do Porriño.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s