O venres 29 coñécense os datos das vendas no comercio minorista no mes de xullo, que sitúan a Galicia como a peor comunidade autónoma española.
A comunidade galega foi a que máis acusou o desplome nas vendas, cun 3’5 % respecto ao mesmo mes do ano anterior.
O Telexornal serán dese venres só ofrece uns segundos da noticia, pero non sinala en ningún momento que Galicia é a comunidade que presenta peores datos:
Algo que si fan – como ten que ser en calquera medio de comunicación honesto e rigoroso – a meirande parte dos xornais galegos, que entre o venres e o sábado destacan ese feito: 

http://www.farodevigo.es/economia/2014/08/30/galicia-lidera-caida-ventas-comercio/1084352.html
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/355345-ventas-comercio-minorista-se-desploman-galicia
E o sábado 30, ningún Telexornal da TVG ofrece nin a máis mínima reseña da información.
O enésimo exemplo de manipulación e descaro dos responsables de informativos da TVG: destacar sempre o positivo, e minimizar ou ocultar sen vergoña o negativo do que ocorre no noso país e, por conseguinte, na xestión do PP que goberna a comunidade.