Ningunha imaxe das cargas policiais en Santiago

 
hqdefault
 

        O luns 25 de agosto, co gallo da visita de Merkel a Santiago para xuntarse con Rajoy, “blíndase” literalmente a praza do Obradoiro para evitar as multitudinarias protestas contra as políticas de recortes auspiciadas pola chanceler alemá en Europa, e aplicadas fielmente polo goberno español.

        Mentres ámbolos mandatarios estaban reunidos, prodúcense graves incidentes nos aledaños da praza, cando a policia impedíu o acceso de manifestantes. Os axentes cargaron con dureza contra moitos deles, incluído o voceiro do BNG no concello de Santiago, Rubén Cela, que recibíu un “porrazo” na cabeza.

        Así reflectiron a noticia – e as imaxes – a meirande parte dos medios durante a xornada:

          Pero o Telexornal mediodía da TVG non ofreceu nin a máis mínima información dos incidentes e das cargas policiais, limitándose a mencionar que “houbo varios actos de protesta”. Só a imaxe que aparece detrás do presentador parece indicar que houbo algo máis que actos de protesta.

 

           http://www.crtvg.es/informativos/manifestacions-contra-as-politicas-de-austeridade-876344

           No Telexornal Serán, repítese a información, pero cambian as imaxes, aínda que non se ve a carga policial, senón os empurróns para superar a barreira formada por axentes da policía para impedir o paso da concentración. En ningún momento se ofrecen declaracións dos membros das organizacións sindicais e políticas que convocaban a concentración, nin imaxes dos políticos contusionados

 
 
 

          Outra penosa mostra da desinformación por parte dos responsables de informativos da TVG. E non é a primeira vez que o fan deste xeito. En vez de falar claramente do que pasou, dos feitos, e ofrecer imaxes, fan o ridículo ocultando algo que sacan masivamente outros medios de información.

          Xa non enganan a ninguén coa súa descarada manipulación.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s