Un día máis, o grave problema social e político xerado pola decisión de recortar as prestacións aos usuarios da lei da dependencia pasa a un segundo plano nos telexornais. Polo menos, este martes, 5 de agosto, comentouse de pasada. Claro, falou Feijóo.
O presidente xustificou os recortes que miles de dependentes galegos están empezando a coñecer desde hai unhas semanas. A información foi a mesma nos dous informativos:
Na Televisión de Galicia aínda non se escoitaron aos directamente afectados polos recortes: os enfermos, as familias, os responsables dos centros de día privados e públicos, os traballadores sociais, os concellos. Non se falou da carta da Xunta que están a recibir os dependentes anunciando os recortes que sufrirán as súas prestacións!. Nin sequera se lles deu un oco para a súa explicación aos partidos da oposición.
Un problema que afecta a miles de galegos e incomoda ao partido do Goberno, de novo minimizado. Ata que volva falar Feijóo, supoñemos.