
Luns 28 de xullo. Jaume Matas, que foi Ministro con Aznar varios anos, presidente das Baleares en dúas etapas, e líder do PP nas illas desde 1996 ata 2007, entra no cárcere para cumprir unha condena de 9 meses por corrupción, por tráfico de influencias.
Matas é o político do PP de maior rango institucional que entra en prisión.
Xunto ao ex-presidente socialista de Navarra, Gabriel Urralburu, é ata agora o único máximo responsable autonómico encarcerado. Só outro socialista, José Barrionuevo, precede a Matas como único ex-ministro preso en España durante a actual etapa democrática, no seu caso por participar na chamada “guerra sucia” contra ETA.
É unha das grandes noticias da xornada e do verán. Xornais, radios e televisións vólcanse con ela, destacándoa especialmente, e resaltándoa como se merece… mesmo medios de marcada tendencia de dereitas:
http://politica.elpais.com/politica/2014/07/28/actualidad/1406562958_740281.html
http://www.larazon.es/detalle_movil/noticias/7016838/espana/matas-ya-esta-en-prision
http://www.cope.es/detalle/Jaume-Matas-ingresa-en-prision–.html
http://www.lavanguardia.com/politica/20140728/54412554806/jaume-matas-ingresa-prision.html
http://www.abc.es/local-baleares/20140728/abci-matas-entra-prision-201407281752.html