Luns, 23 de xuño: os técnicos do ministerio de Facenda consideran que a reforma fiscal aprobada polo Goberno é “regresiva e insuficiente”.
Os técnicos de Facenda, reunidos no sindicato GESTHA, explican que serán as clases medias quen unha vez máis amortiguen a rebaixa fiscal aplicada ás grandes fortunas. Ademais estiman que o aforro medio da rebaixa do IRPF será duns 170 euros anuais por contribuínte. Estes datos evidencian, segundo GESTHA, que as medidas do Goberno son máis ben “retoques puntuais” e non unha reforma completa do sistema para garantir os principios de suficiencia e equidade.
Moitos medios de comunciación recolleron as críticas dos funcionarios. Ata TVE!
http://www.elmundo.es/economia/2014/06/20/53a4722ae2704e2c7a8b459b.html
Aínda seguimos agardando por ver na televisión pública dos galegos a valoración de GESTHA