11 de xuño. O PP rexeitou que a Xunta abra os comedores escolares durante os meses de verán para atender, con cargo aos seus fondos, aos nenos con menos recursos e así paliar a pobreza infantil, alegando que esa medida favorecería a súa estigmatización social.
Foi unha proposición non de lei presentada polo grupo de Alternativa Galega de Esquerda, AGE, que asegura que en Galicia existe un “importante” número de mozos “que teñen unha alimentación deficitaria” e, segundo trasladaron os seus profesores ao grupo, numerosos nenos que “acoden ao colexio sen almorzar”.
A cambio, os populares pactaron coa oposición que o Executivo ceda aos concellos o uso das cociñas desas instalacións para preparar comidas e logo distribuílas entre este colectivo.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/06/11/galicia/1402519451_119576.html
O día que se produce esta nova os expectadores da Galega non se entereron do que aconteu sobre o particular no Parlamento de Galicia porque non se informou dela.
Pingback: ‘Jo no manipulo’ | Francesc Ràfols