A grave crise do PP en Santiago, en 9 segundos !!!

 

                 O sábado 7 de xuño, continúan xerándose informacións sobre a grave crise que vive o goberno local do PP no concello santiagués, e sobre todo constátanse as tremendas diverxencias entre o alcalde, Ángel Currás, e os dirixentes do seu partido, nomeadamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

                  A opinión xeral é un clamor contra Currás, e tanto desde o PP coma desde outros partidos políticos considérase que o mellor que podería facer é dimitir, algo ao que se nega rotundamente.

                  Os informativos da TVG deste sábado non comentan absolutamente nada deses “detalles”. Tamén segue “desaparecida” a opinión da oposición no concello, e xamáis se fai unha enquisa ou sondaxe entre a cidadanía compostelá para que fale da situación…

                  Os telexornais só se limitan a ofrecer 9 segundos !!!!! dunha breve declaración de Feijoo; solicitado polos xornalistas sobre o novo equipo de concelleiros previsto para a cidade, o presidente da Xunta e do PP de Galicia responde cun lacónico e frío “pregúntelle ao alcalde”.

                   Este é o tratamento informativo da TVG nos dous telexornais do sábado:

                   No Telexornal mediodía:   http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-garantirase-a-gobernabilidade-de-santiago-830478

                   E no Telexornal serán:   http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-garantirase-a-gobernabilidade-de-santiago-830527

                  Informacións – mellor dito, información, porque se repite pola tarde a do mediodía – insignificantes para unha noticia tan relevante: a enorme crise que vive o concello da capital de Galicia.

                  Pódese pensar que había outras noticias máis sobresaíntes, pero o informativo do mediodía ábrese con dous asuntos internacionais: Ucraína e… o asalto a unha universidade iraquí por parte de xihaidistas… Vaia criterio xornalístico !!!!:

http://www.crtvg.es/informativos/o-novo-presidente-de-ucraina-quere-integrarse-na-ue-830480

http://www.crtvg.es/informativos/asalto-a-unha-universidade-iraqui-por-parte-de-milicianos-xihaidistas-830479

                   E no telexornal serán, o de Santiago vai en 14º lugar… detrás – por exemplo – da noticia da morte dun home en Marín en accidente de tráfico… !!!:

http://www.crtvg.es/informativos/morre-un-home-de-40-anos-nun-accidente-de-trafico-en-marin-830531

                   A TVG silencia e oculta dun xeito lamentable todo o que rodea a situación que vive o goberno municipal do PP en Santiago. Contrasta co tratamento e minuciosidade que aportan outros medios de comunicación. Velaiquí algúns exemplos:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/06/07/feijoo-sobre-miembros-nuevo-gobierno-santiago-preguntenlle-alcalde/00031402140490343960125.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/06/07/feijoo-insiste-garantizar-gobernabilidad-santiago/1038184.html

http://www.europapress.es/galicia/noticia-feijoo-afirma-garantizara-gobernabilidad-santiago-no-aclara-si-conoce-nuevo-gobierno-curras-20140607133923.html

http://praza.com/politica/7319/gobernar-santiago-sen-que-se-note/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/06/05/galicia/1401973283_001895.html

http://www.sermosgaliza.com/articulo/politica/feijoo-deixa-mans-curras-futuro-compostela/20140605151114028028.html

http://www.economiadigital.es/gles/notices/2014/06/feijoo_se_desentiende_por_segunda_vez_del_caos_de_santiago_37104.php

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/06/07/curras-lanza-ordago-feijoo/0003_201406G7P2991.html

               9 segundos para seguir analizando a maior crise vivida no concello de Santiago !!!!!. Unha vez máis, todo un exemplo de honestidade e información veraz e plural por parte dos responsables de informativos da TVG. Cando se darán conta do ridículo que están a facer !!!!!.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s