.
O venres 6 de xuño, o alcalde socialista de Lugo, Xosé López Orozco, contesta con dureza ás acusacións verquidas o día anterior polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando afirmou que está mellor o concello de Santiago (sumido nunha gravísima crise institucional e política polos problemas internos do goberno local do PP) que os de Lugo e Ourense, este último tamén con rexedor socialista.
Estas foron as palabras de Feijoo, recollidas nun video emitido pola TVG, comparando o caso de Santiago cos de Lugo e Ourense:
Este venres, Orozco cualificou de “ofensa” ao concello lugués, aos lugueses e aos galegos as opinións do presidente da Xunta, e cualificou de “escapismo inaudito” a súa actitude.
Así reflectiron a reacción do alcalde de Lugo varios medios de comunicación, algúns deles destacándoa especialmente:
http://www.galiciae.com/nova/337291-orozco-considera-ofensivo-feijoo-compare-situacion-santiago-lugo
http://www.20minutos.es/noticia/2160393/0/
Malia a ampla repercusión que tivo a noticia, ningún telexornal da TVG ofreceu nada sobre a mesma. Curiosamente, cando estaba previsto que se emitira no telexornal serán, “desapareceu” misteriosamente da escaleta (o esquema de contidos do informativo)… que casualidade!!!.
Pero seguramente tampouco foi casualidade a emisión doutra información sobre o concello de Lugo, a imputación dun ex-concelleiro socialista na Pokémon:
A crítica de Orozco a Feijóo, non. A imputación a un ex-edil do PSdeG-PSOE – tamén de Lugo -, si. Que os responsables de informativos da TVG expliquen o porqué…