O “mundo feliz” do concello de Santiago

          Xoves, 5 de xuño. O goberno local do concello de Santiago (PP) segue sumido nunha tremenda crise institucional e política, e “baixo mínimos” tras a dimisión nos últimos días de nove edís, sete deles xa condenados pola xustiza por un delito de prevaricación.
         Agora mesmo, repártense tódalas areas de goberno municipal só dúas persoas: o alcalde, Ángel Currás – imputado en dous posibles delitos – e a concelleira Reyes Leis.

         A pesar da gravidade da situación, do descontrol evidente que se vive, e da excepcionalidade do momento, os informativos da TVG relegan as noticias sobre o concello da capital de Galicia, case non lle dan importancia, e manteñen un tono de “normalidade” que é completamente falso.
          Os telexornais mediodía e serán nin sequera inclúen a máis mínima reseña no bloque de titulares, onde se resaltan as informacións máis destacadas:
         O telexornal mediodía ofrece unha declaración de Feijóo na que fala de “estabilidade”, comparando Santiago co que ocorre nos concellos de Lugo e Ourense… onde hai alcaldes socialistas…
              Logo, sempre dentro desa suposta normalidade, fala o alcalde, Ángel Currás, mentres nos rótulos se subliña que hai “desexos de colaboración”…
            O telexornal serán ofrece practicamente o mesmo tratamento. A opinión de Feijóo citando a Lugo e Ourense, e as conversas para buscar substitutos no goberno municipal… isto último en menos de trinta segundos…
             Iso é o que fixo a TVG. Practicamente nada que ver co de outros medios galegos, que destacan o realmente importante e prioritario da información.
            Por exemplo, que na súa intervención tras o Consello da Xunta, Feijóo afirmou que depende do propio Currás tomar unha decisión sobre o seu futuro (en alusión ás voces que, mesmo dentro do PP, piden a súa dimisión)… e que faga o que faga, NON SERÁ CANDIDATO DO PP Á ALCALDÍA DE SANTIAGO NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2015:
             Os outros medios de comunicación tamén resaltan que tres dos concelleiros que dimitiron, tamén pediron a baixa no PP de Galicia !!!. Algo que a TVG nin mencionou:
              E, finalmente, os telexornais tamén “pasan” olimpicamente da noticia de que os traballadores do concello compostelán pídenlle a Currás que non os siga maltratando, e acúsano de crear discordia, desconfianza, tensión e desmotivación:
             A crise máis grave no concello de Santiago quizáis de toda a súa historia… un goberno local que se cae a cachos… hai que recorre a xente allea á lista electoral para completalo… o alcalde dobremente imputado que se queda só, sen o apoio nin do propio PP… concelleiros que se dan de baixa no partido…
         Pero para a TVG, case non pasa nada. Unha noticia máis. Outra vez a lamentable e deshonesta actitude dos responsables de informativos ocultando o que destaca toda a prensa galega. E logo queixanse da audiencia…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s